Actividades

OBRADOIROS IMATXINA - VIGO 2020

O día 2 de marzo, o noso alumnado de 2ª ESO, da materia de matemáticas manipulativas, e o alumnado de 1º ESO que se apuntou ao Canguro Matemático, desplazouse a Vigo para visitar os obradoiros de matemáticas recreativas que tódolos anos organiza a fundación Rosalía de Castro. Foi unha xornada onde as mates pasaron do abstracto ao tacto, xogando con espellos, simetrías, varios tipos de tangrams, perspectivas, facendo carreiras coas probabilidades e imaxes imposibles... Alí descubriron que ter dous ollos en vez de un impide que moitas cousas nos enganen.



Unha xornada de descubrimentos onde cambiamos a perspectiva cotiá das mates.



EXPOSICIÓN "CON A DE ASTRÓNOMA" 2018-19

     Tódolos departamentos de ciencias, xunto coa ANPA, achegámosvos a exposición "Con A de astrónoma" cedida por Josefina Ling Ling, profesora de astronomía na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
     Achegádevos a lela! Estará dúas semana con nós, como acto conmemorativo do día da nena e a muller na ciencia (11 de Febreiro).


Josefina Ling Ling