martes, 16 de outubro de 2018

Ola!
Benvid@ ao blogue do Departamento de Matemáticas do IESP de Ames.
Este blogue nace coa intención de ter unha alternativa de almacenamento da información que a diario vos damos nas aulas. Non se crea para que sexa o único medio que teñades para recibila, nin moito menos, máis ben coma un posible "bloc" de notas. Non nos pidades que estea "á última" porque estamos máis pendentes de vós que de ter este "apuntadeiro" perfecto.
Faltarán cousas, sobrarán outras ... pero somos humanos! que lle imos facer?

Sempre estaremos agardando as posibles aportacións vosas de cousas que queirades que engadamos, só tendes que decírnolo.

Calculadoras on-line:
          - de matrices
          - de sistemas de ecuacións
          - de derivadas